Mostrando entradas con la etiqueta Lingua galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lingua galega. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de diciembre de 2012

6º GALEGO - UNIDADE 5: OS PRONOMES


Cancioneiro que recopila cantigas de Nadal















PRONOMES NUMERAIS


Aquí tes unha relación dos numerais en galego, que poden presentarse como determinantes ou pronomes. Da súa confrontación co castelán, convén que teñas en conta as seguintes diferenzas:


GALEGO
CASTELÁN
DIFERENZAS
Cardinais ______________________

1 un, unha
2 dous, dúas
3 tres
4 catro
5 cinco
6 seis
7 sete
8 oito
9 nove
10 dez
11 once
12 doce
13 trece
14 catorce
15 quince
16 dezaseis
17 dezasete
18 dezaoito
19 dezanove
20 vinte
21 vinte e un, vinte e unha
22 vinte e dous, vinte e dúas
23 vinte e tres
24 vinte e catro
25 vinte e cinco
26 vinte e seis
27 vinte e sete
28 vinte e oito
29 vinte e nove
30 trinta
31 trinta e un, trinta e unha
32 trinta e dous, trinta e dúas
33 trinta e tres
34 trinta e catro
...
40 corenta
...
50 cincuenta
60 sesenta
70 setenta
80 oitenta
90 noventa
100 cen
101 cento un, cento unha
102 cento dous, cento dúas
103 cento tres
104 cento catro
...
110 cento dez
...
200 douscentos
300 trescentos
400 catrocentos
500 cincocentos, quiñentos
600 seiscentos
700 setecentos
800 oitocentos
900 novecentos
1 000 mil
1 001 mil un, mil unha
1 002 mil dous, mil dúas
1003 mil tres
...
2 000 dous mil, dúas mil
3 000 tres mil
...
1 000 000 un millón


Ordinais (todos teñen feminino)

1 primeiro/a
2 segundo
3 terceiro
4 cuarto
5 quinto
6 sexto
7 sétimo
8 oitavo
9 noveno
10 décimo
11 décimo primeiro; undécimo
12 décimo segundo; duodécimo
13 décimo terceiro
14 décimo cuarto
15 décimo quinto
16 décimo sexto
17 décimo setimo
18 décimo oitavo
19 décimo noveno
20 vixésimo
21 vixésimo primeiro
22 vixésimo segundo
23 vixésimo terceiro
24 vixésimo cuarto
 ...
30 trixésimo
40 cuadraxésimo
50 quincuaxésimo
60 sesaxésimo; sexaxésimo
70 septuxésimo
80 octoxésimo
90 nonaxésimo
100 centésimo
1 000 milésimo
1 000 000 millonésimo




___________________________


dos


















veintiuno, veintiuna
veintidós

veintitrés
veinticuatro
veinticinco
veintiséis
veintisiete
veintiocho
veintinueve








































___________________________



















decimotercero
decimocuarto
decimoquinto
decimosexto
decimoséptimo
decimooctavo
decimonoveno


____________________________


En galego dous presenta feminino.

















Esta serie escríbese en galego por palabras separadas. En castelán todo xunto. Ademáis vinte e dous en galego presenta xénero feminino.











































__________________________




















Coma no caso anterior, esta serie escríbese con palabras separadas en galego, todo xunto en castelán.




martes, 20 de noviembre de 2012

6º - GALEGO - 4ª UNIDADE: PRONOMES PERSOAIS



Animais fantásticos

A continuación verás catro dos seres fantásticos presentes na mitoloxía popular de Galicia. Cada unha das imaxes leva un enlace que remite a outras páxinas que dan explicación de cada un destes personaxes fantasiosos.


 O trasno

 

O lobishome

O Gatipedro 


http://orecanto.blogaliza.org/files/2011/10/gatipedro.jpg
Os biosbardos








Pronomes persoais átonos de 3ª persoa [CD]

Da comparación destas formas entre o galego e o castelán, temos que destacar que en galego distinguimos tres grupos. Mentres que en castelán encontramos un.

Formas galegas:                                                                 


singular
plural

masculino
feminino
masculino
feminino





1ªs formas
o
a
os
as





2ªs formas
lo
la
los
las





3ªs formas
no
na
nos
nas
 

Se consultas o libro, dirache que:
  1. As 2ªs formas úsanse despois de formas verbais que rematen en –s ou –r, ou detras dos pronomes persoais nos, vos e lles.
  2. As 3ªs formas úsanse despois das formas verbais rematadas en ditongo.



Formas casteláns:                                                             


lo
la
los
las



Exemplos en ambas linguas cos pronomes en masculino singular:                         

galego
castelán

El ensínao
Ti míralo
Coméunolo
Tes que comelo
Merqueino

Non o ensina
Non o miras
Non nolo comeu
Non o tes que comer
Non o mequei

Él lo enseña
Tú lo miras
Nos lo comió
Tienes que comerlo
Lo compré

No lo enseña
No lo miras
No nos lo comió
No tienes que comerlo
No lo compré







NOTA
  • Observemos que estas formas van diante ou despois do verbo e que, mentres cambian de posición en galego, cando se pasa a oración a negativa; non o fan en castelán.
  • En Galego suprímense o –r e o –s finais dos verbos e pronomes persoais nos, vos, lles, cando se pospón a forma lo. 
                             Exemplo: Tes que come r lo


martes, 6 de noviembre de 2012

6º - GALEGO - 3ª UNIDADE: ORTOGRAFÍA DO ACENTO



VOCABULARIO

Brais escoita na cuncha o son do mar, Uxía ule as margaridas que encontra no lameiro e, xa ves, Xan acariña un mecoso gato mouro ó lado do larpeiro de Xurxo, que saborea un xeado; mentres Sabela está agachada tras un carballo axexando o que fan todos.


ORTOGRAFÍA DO ACENTO

Comparando a normativa da acentuación entre o galego e o castelán fixémonos nos seguintes aspectos nos que non coinciden as dúas linguas.

1º En galego, ás plabras agudas rematadas en vogal ou –s non se lle pon til se vai un ditongo decrecente na última sílaba.

GALEGO
CASTELÁN
Vou ver os animais salvaxes do zoo.
¿Cuándo os animáis a venir al cine?


2º Os adverbios rematados en –mente nunca levan til, aínda que sí o tivera o adxectivo do que proceden.

GALEGO
CASTELÁN
Saltou o valado habilmente.
Saltó el vallado hábilmente.


3º En galego as partículas interrogativas ou exclamativas non levan til.

GALEGO
CASTELÁN
¿Quen o fixo, como o fixo e por que o fixo?
¿Quién lo hizo, cómo lo hizo y por qué lo hizo?

Si levan til no caso de que poidan provocar equívocos.
·Dille qué comes. (Pregunta o que comes)
·Dille que comes. (Pide que lle digas que nese momento estás comendo)


4º Se coinciden dúas vogais pechadas (ui, iu) nunha mesma sílaba e a segunda é tónica, márcase o hiato cun til sobre esta.

GALEGO
CASTELÁN
Vaise construír un muíño neste soar.
Se va a construir un molino en este solar.
uí en construír e muíño forman hiato.
ui en construir es un diptongo, también lo es uí en cuídate.


domingo, 21 de octubre de 2012

6º - GALEGO - 2º UNIDADE: CONTRACCIÓNS CON DETERMINANTES



Na lingua castelá só se dan dúas contraccións:

  1. al [a (preposición) + el (artigo)] 
  2. del [de (preposición) +el(artigo)]

Exemplo: Al señor le hablaron del viaje a Madrid.

Sen embargo, na lingua galega encontramos bastantes máis. Algunhas delas recóllense nos seguintes recadros, que tamén podes ver no apéndice do libro.

CONTRACCIÓNS DO ARTIGO


ARTIGOS DETERMINADOS
ARTIGOS INDETERMINADOS
PREPO-
SICIÓNS
o
a
os
as
un
unha
uns
unhas
a
ao (ó)
á
aos(ós)
ás




con
co
coa
cos
coas
cun
cunha
cuns
cunhas
de
do
da
dos
das
dun
dunha
duns
dunhas
en
no
na
nos
nas
nun
nunha
nuns
nunhas
por
polo
pola
polos
polas





Observación: Ter en conta que ao debe pronunciarse como o e aos, como os.

Exemplo:
Olvidei as miñas lentes na mesa do salón da túa casa.
Puxeron unhas cortinas cunha cor moi rechamante.


CONTRACCIÓNS DOS DEMOSTRATIVOS

PREP
DEMOSTRATIVOS
este
ese
aquel
esta
esa
aquela
estes
eses
aqueles
estas
esas
aquelas

de
deste
dese
daquel
desta
desa
daquela
destes
deses
daqueles
destas
desas
daquelas

en
neste
nese
naquel
nesta
nesa
naquela
nestes
neses
naqueles
nestas
nesas
naquelas



Exemplo:
A foto dese libro non cabe neste marco.


CONTRACCIÓNS DOS INDEFINIDOS
 
PREP
INDEFINIDOS
algún
algunha
algúns
algunhas
outro
outra
outros
outras
de
dalgún
dalgunha
dalgúns
dalgunhas
doutro
doutra
doutros
doutras
en
nalgún
nalgunha
nalgúns
nalgunhas
noutro
noutra
noutros
noutras

Exemplo:
Dalgún de vós son as cores, non son doutro neno calquera.