martes, 6 de noviembre de 2012

6º - GALEGO - 3ª UNIDADE: ORTOGRAFÍA DO ACENTO



VOCABULARIO

Brais escoita na cuncha o son do mar, Uxía ule as margaridas que encontra no lameiro e, xa ves, Xan acariña un mecoso gato mouro ó lado do larpeiro de Xurxo, que saborea un xeado; mentres Sabela está agachada tras un carballo axexando o que fan todos.


ORTOGRAFÍA DO ACENTO

Comparando a normativa da acentuación entre o galego e o castelán fixémonos nos seguintes aspectos nos que non coinciden as dúas linguas.

En galego, ás plabras agudas rematadas en vogal ou –s non se lle pon til se vai un ditongo decrecente na última sílaba.

GALEGO
CASTELÁN
Vou ver os animais salvaxes do zoo.
¿Cuándo os animáis a venir al cine?


Os adverbios rematados en –mente nunca levan til, aínda que sí o tivera o adxectivo do que proceden.

GALEGO
CASTELÁN
Saltou o valado habilmente.
Saltó el vallado hábilmente.


En galego as partículas interrogativas ou exclamativas non levan til.

GALEGO
CASTELÁN
¿Quen o fixo, como o fixo e por que o fixo?
¿Quién lo hizo, cómo lo hizo y por qué lo hizo?

Si levan til no caso de que poidan provocar equívocos.
·Dille qué comes. (Pregunta o que comes)
·Dille que comes. (Pide que lle digas que nese momento estás comendo)


Se coinciden dúas vogais pechadas (ui, iu) nunha mesma sílaba e a segunda é tónica, márcase o hiato cun til sobre esta.

GALEGO
CASTELÁN
Vaise construír un muíño neste soar.
Se va a construir un molino en este solar.
en constrr e mño forman hiato.
ui en construir es un diptongo, también lo es en cdate.


No hay comentarios:

Publicar un comentario